Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

O ANAGRAMA DO CPI ARMANDO COTARELO VALLEDOR

SABÍAS QUE... O anagrama do CPI Armando Cotarelo Valledor é un deseño de Suso de Marcos, que ademais outorga o seu nome á biblioteca do centro. Segundo o propio escultor: "O anagrama é unha simboloxía do Maxisterio. Comeza co principal elemento en torno ó que se  desenvolve a aprendizaxe intelectual como é o libro, o que, con un pouco de abstracción, lembra un pórtico nobre con columnas estriadas, dintel e remate de medio punto, que da entrada á casa do saber. A referencia á arquitectura é tamén facer referencia á xeometría, representada polo transportador de ángulos, que conforma no seu interior un ollo, que debe estar sempre aberto á percepción de tódalas canles de interese informativo, por iso recolle no seu iris un detalle dos medios informáticos, tan en auxe". No ano 1987 créase o Premio de Talla Suso de Marcos e en xuño de 2001 instáuranse no CPI Armando Cotarelo Valledor as Axudas aos Estudos Suso de Marcos, que enxalzan aos alumnos que destacan na  súa traxectoria aca...

BOIMORTENSES CÉLEBRES

  BOIMORTENSES CÉLEBRES Manuel Rico Verea [1] Este mestre, musicólogo e escritor galego nace en Boimorto no ano 1948. Despois de estudar Filosofía no Seminario de Herbón e nos franciscanos de Santiago, ingresa na Escola Pablo Montesino de Madrid, onde obtén o título de Maxisterio. Foi docente en Madrid, no País Vasco e en Galicia, a onde retorna en 1978. Dende aquel momento afianza o seu compromiso coa Lingua Galega e imbúese en varios estudos sobre a tradición, a investigación e a música. Entre os postos destacados que desempeñou está a inspección educativa, na subdirección xeral de Política Lingüística e foi tamén xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Consellería de Educación. Atesoura unha inxente cantidade premios no seu haber e de obras escritas, coma o Cancioneiro popular das terras do Tamarela (1989), publicado por Galaxia. Jesús López García (Suso de Marcos) [2] En 1950 nace en Boimorto o escultor Jesús López García, mais coñecido como Suso de Marcos. ...

INFORMACIÓN DE INTERESE CULTURAL SOBRE BOIMORTO

 INFORMACIÓN  DE INTERESE CULTURAL SOBRE BOIMORTO   O Miliario Un miliario é unha columna de pedra que se colocaba nas calzadas romanas para indicar e sinalizar unha milla romana. En marzo de 1981, en Asientos (Boimorto), un veciño que estaba a traballar nunha leira, atopou esta peza soterrada. O lugar concreto recibe o nome de Real, que fai referencia á presenza dunha antiga fila romana e camiño real. Grazas a unha pala mecánica puideron erguer esta gran pedra de granito de case 2,5 metros de alto e 60 centímetros de diámetro que contén a seguinte inscrición: A peza na actualidade atópase exposta fronte ao Concello de Boimorto.  O Festival da Luz [1] No ano 2012 a artista Luz Casal toma a iniciativa e organiza O Festival da Luz na súa localidade natal. Trátase dun festival familiar que homenaxea o rural galego a través da creación dun lugar de encontro de artistas de renome no panorama musical actual e con fins benéficos. Dende o primeiro ano, cando congregou un...

ARMANDO COTARELO VALLEDOR E BOIMORTO

  ARMANDO COTARELO VALLEDOR E BOIMORTO Armando Cotarelo Valledor en Vida Gallega , 10/2/1920, p. 20. Armando Cotarelo Valledor [1] natural de Vegadeo (Asturias), onde nace o 28 de decembro de 1879, e falecido en Madrid o 8 de decembro de 1950, foi un destacado escritor e docente ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1984. Era fillo do insigne musicólogo, escritor, crítico e historiador Emilio Cotarelo y Mori (1857-1936). Estudou Filosofía e Letras en Madrid e desempeñou a cátedra de Lingua e Literatura españolas na Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén ocupou cargos destacados. Asemade, foi membro da Real Academia Galega, pese a que non tomou posesión. En 1916 recibe a invitación da Universidade de Columbia (Nova York), para impartir clases cun contrato de dous anos [2] , como evidencia da gran estima que se lle tiña no mundo académico. En 1923 intervén na creación do Seminario de Estudos Galegos, sendo o seu primeiro presidente e, de feito,...

O CONTEXTO DE BOIMORTO

  CONTEXTO DE BOIMORTO [1] O Concello está localizado no sureste da provincia da Coruña, e adscríbese á Comarca de Arzúa [2] , concello co que linda polo sur xunto con Melide; polo Oeste cos concellos de Frades e Mesía e ao Norte atópanse Vilasantar e Sobrado dos Monxes. Encóntrase sobre as concas do Tambre e do Ulla. Boimorto créase como concello no ano 1.835 integrado polas parroquias de:  Andabao (San Martín), Os Anxeles (Santa Maria), Arceo (San Vicente), Boimil (San Miguel), Boimorto (Santiago), Brates (San Pedro), Buazo (Santa Maria), Cardeiro (San Pedro), Corneda (San Pedro), Dormeá (San Cristobal), Mercurin (San Juan), Rodieiros (San Simón) y Sendelle (Santa Maria). Ningunha destas parroquias foi capital do concello, polo que non existía un escudo que o representase. No ano 1.935, ante a necesidade dun escudo propio, encárgaselle a Manuel Rico Verea investigar sobre a historia do concello e deseñar ...