Saltar ao contido principal

O ANAGRAMA DO CPI ARMANDO COTARELO VALLEDOR

SABÍAS QUE...

O anagrama do CPI Armando Cotarelo Valledor é un deseño de Suso de Marcos, que ademais outorga o seu nome á biblioteca do centro. Segundo o propio escultor:
"O anagrama é unha simboloxía do Maxisterio. Comeza co principal elemento en torno ó que se desenvolve a aprendizaxe intelectual como é o libro, o que, con un pouco de abstracción, lembra un pórtico nobre con columnas estriadas, dintel e remate de medio punto, que da entrada á casa do saber. A referencia á arquitectura é tamén facer referencia á xeometría, representada polo transportador de ángulos, que conforma no seu interior un ollo, que debe estar sempre aberto á percepción de tódalas canles de interese informativo, por iso recolle no seu iris un detalle dos medios informáticos, tan en auxe".
No ano 1987 créase o Premio de Talla Suso de Marcos e en xuño de 2001 instáuranse no CPI Armando Cotarelo Valledor as Axudas aos Estudos Suso de Marcos, que enxalzan aos alumnos que destacan na súa traxectoria académica no centro.
O 3 de marzo de 2011 celebrouse no propio centro educativo unha homenaxe a Suso de Marcos con motivo do seu nomeamento como Fillo adoptivo de Boimorto.


Orixinal elaborado por Suso de Marcos









Comentarios

Publicacións populares deste blog

PECHAMOS UN TRABALLO PERO ABRIMOS NOVOS CAMIÑOS

  Finalmente, despois de dous cursos de investigación e de pescudar nas raíces culturais e musicais da nosa contorna, pechamos o traballo que leva por título: BOIMORTO E A ASOCIACIÓN FOLKLÓRICA SANTIAGUIÑOS.  40 anos de música tradicional Moitas grazas a todos os que participáchedes e vos involucráchedes nesta experiencia de achega á tradición. Por suposto, tamén enxalzar á propia Agrupación Folklórica Santiaguiños e a todos aqueles e aquelas que pasáchedes por ela, facendo escola, divulgando a nosa cultura e traballando en prol de manter viva a nosa música. Namentres tanto... seguimos aprendendo e investigando! 

OS HOMIÑOS DE BOIMORTO

Un pouco de historia local... O 20 de agosto de 1936, un mes despois do estalido da Guerra Civil, foron asasinados once veciños de Boimorto,  nove  dos cales eran concelleiros da corporación municipal, son os coñecidos como “os homiños de Boimorto”. Non foron vítimas da guerra, foron  vítimas do odio, n on loitaban no campo de batalla, loitaban por mellorar a vida dos seus veciños, impulsando escolas  públicas ou a asistencia sanitaria. Eran republicanos e, en Boimorto, como en tantos outros lugares, os falanxistas aproveitaron para saldar contas que, ás veces, nada tiñan que ver coa política. Foron levados desde a Gándara a Sobrado, onde permaneceron dous días, e de alí trasladados en camións a Santiago. Cinco foron fusilados no Amenal (O Pino) e enterrados nunha carballeira, e os outros seis apareceron á beira da estrada, na curva dos Batáns, en Ortoño (Ames), onde foron recollidos polos veciños e soterrados nunha fosa común, no adro da igrexa. Os traballos de exhu...

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS COS SANTIAGUIÑOS

Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adicóuselle ás PANDEIRETEIRAS e á POESÍA TRADICIONAL ORAL . Como non podía ser doutro xeito, xa que ademáis 4º da ESO participa no Proxecta+ ANTONIO FRAGUAS , contamos con CARMIÑA BARREIRO e os Santiaguiños que estudan no centro.  Ademáis, un grupo de pandeireteiras de 3º e 4º da ESO, ao igual que a clase completa de 4º da ESO, interpretaron unhas pezas totalmente fantásticas.  CARMIÑA BARREIRO Carmiña é natural de Boimorto e lembra, dende pequena, ser unha namorada do baile moderno con referentes como Fred Astaire ou Ginger Rogers. Comenta que na súa casa xa había tradición musical: a súa nai tocaba a pandeireta e o seu avó era un gran cantareiro. Con 14 anos trasládase á Coruña e incorpórase a unha asociación de baile tradicional, onde entra en contacto con Felicitas Sanleón e Xacarandaina [1] , nun momento no que a agrupación estaba a dinamizar a música e o baile tradicional galegos, e chegando a gañar en varias ocasións o programa de T...