Finalmente, despois de dous cursos de investigación e de pescudar nas raíces culturais e musicais da nosa contorna, pechamos o traballo que leva por título:
BOIMORTO E A ASOCIACIÓN FOLKLÓRICA SANTIAGUIÑOS. 40 anos de música tradicional
Moitas grazas a todos os que participáchedes e vos involucráchedes nesta experiencia de achega á tradición. Por suposto, tamén enxalzar á propia Agrupación Folklórica Santiaguiños e a todos aqueles e aquelas que pasáchedes por ela, facendo escola, divulgando a nosa cultura e traballando en prol de manter viva a nosa música.
Namentres tanto... seguimos aprendendo e investigando!
Comentarios
Publicar un comentario