Saltar ao contido principal

Publicacións

PECHAMOS UN TRABALLO PERO ABRIMOS NOVOS CAMIÑOS

  Finalmente, despois de dous cursos de investigación e de pescudar nas raíces culturais e musicais da nosa contorna, pechamos o traballo que leva por título: BOIMORTO E A ASOCIACIÓN FOLKLÓRICA SANTIAGUIÑOS. 40 anos de música tradicional Moitas grazas a todos os que participáchedes e vos involucráchedes nesta experiencia de achega á tradición. Por suposto, tamén enxalzar á propia Agrupación Folklórica Santiaguiños e a todos aqueles e aquelas que pasáchedes por ela, facendo escola, divulgando a nosa cultura e traballando en prol de manter viva a nosa música. Namentres tanto... seguimos aprendendo e investigando! 
Publicacións recentes

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS COS SANTIAGUIÑOS

Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adicóuselle ás PANDEIRETEIRAS e á POESÍA TRADICIONAL ORAL . Como non podía ser doutro xeito, xa que ademáis 4º da ESO participa no Proxecta+ ANTONIO FRAGUAS , contamos con CARMIÑA BARREIRO e os Santiaguiños que estudan no centro.  Ademáis, un grupo de pandeireteiras de 3º e 4º da ESO, ao igual que a clase completa de 4º da ESO, interpretaron unhas pezas totalmente fantásticas.  CARMIÑA BARREIRO Carmiña é natural de Boimorto e lembra, dende pequena, ser unha namorada do baile moderno con referentes como Fred Astaire ou Ginger Rogers. Comenta que na súa casa xa había tradición musical: a súa nai tocaba a pandeireta e o seu avó era un gran cantareiro. Con 14 anos trasládase á Coruña e incorpórase a unha asociación de baile tradicional, onde entra en contacto con Felicitas Sanleón e Xacarandaina [1] , nun momento no que a agrupación estaba a dinamizar a música e o baile tradicional galegos, e chegando a gañar en varias ocasións o programa de T...

OS HOMIÑOS DE BOIMORTO

Un pouco de historia local... O 20 de agosto de 1936, un mes despois do estalido da Guerra Civil, foron asasinados once veciños de Boimorto,  nove  dos cales eran concelleiros da corporación municipal, son os coñecidos como “os homiños de Boimorto”. Non foron vítimas da guerra, foron  vítimas do odio, n on loitaban no campo de batalla, loitaban por mellorar a vida dos seus veciños, impulsando escolas  públicas ou a asistencia sanitaria. Eran republicanos e, en Boimorto, como en tantos outros lugares, os falanxistas aproveitaron para saldar contas que, ás veces, nada tiñan que ver coa política. Foron levados desde a Gándara a Sobrado, onde permaneceron dous días, e de alí trasladados en camións a Santiago. Cinco foron fusilados no Amenal (O Pino) e enterrados nunha carballeira, e os outros seis apareceron á beira da estrada, na curva dos Batáns, en Ortoño (Ames), onde foron recollidos polos veciños e soterrados nunha fosa común, no adro da igrexa. Os traballos de exhu...

Novo achado! O mural de Suso de Marcos no Concello

 Grazas a este traballo puidemos preguntar e atopar información sobre o mural feito polo escultor e artista Suso de Marcos, orixinario de Boimorto.  1. QUEN É SUSO DE MARCOS? Jesús López García (Suso de Marcos) [1]  é un escultor nacido en 1950 en Boimorto. Xa dende pequeno chama a súa atención a talla, xa que o seu pai realizaba apeiros con madeira. Trasládase posteriormente á Coruña onde compaxina o seu traballo en talleres de artesanía coa formación na Escola de Artes e Oficios. Completa a súa formación na Escola central de Madrid, onde se traslada no ano 1973, traballando con destacados escultores e coñecendo novidosas tendencias vangardistas. No ano 1975 realiza a súa primeira exposición e ao ano seguinte recibe a terceira medalla en escultura do Certame Nacional de Belas Artes. En 1979 trasládase a Málaga para ocupar a praza de Axudante de Talla na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos, e en 1992 acada a praza de profesor numerario da materia de Talla...

A MUIÑEIRA DE BOIMORTO E OS POLOS CREATIVOS

 Grazas á regada das propostas e recursos de Polos Creativos, puidemos integrar o Kit Singular "Harmonías en movemento" no noso proxecto sobre Os Santiaguiños de Boimorto. Información sobre Polos Creativos Neste caso o que fixemos foi adaptar a partitura da Muiñeira e da Jota de Boimorto á caixa musical que viña no Kit Singular.  Estas pezas musicais foran recuperadas nos anos 2000 por Xacarandaina. Grazas aos Santiaguiños, estas obras pasaron a ser dous baluartes da agrupación, sinos de identidade que levarán sempre moi presentes nas súas actuacións. Actuación dos Santiaguiños interpretando a Muiñeira de Boimorto. O que fixemos foi escribir estas dúas obras no papel da caixiña de música para, unha vez introducida nela, soasen.  Finalmente soa así:  E tamén practicamos coa famosa Muiñeira de Lugo, a primeira obra que bailaron aqueles primeiros Santiaguiños dos anos 80:  Seguimos traballando e investigando sobre esta fantástica agrupación de música tradicional qu...

ENTREVISTA A CARMIÑA DOS SANTIAGUIÑOS

Seguindo co traxecto marcado, desta vez tocou realizar a entrevista a Carmiña Barreiro. O día 29 de novembro de 2024 quedamos con ela na ludoteca para gravar a entrevista que preparamos cos alumnos de 4º da ESO.  Carmiña lévanos axudado moitísimo sobre os Santiaguiños, aportando moita información e facilitando moitos recursos. Desta vez centramos a entrevista na transición do folclorismo da Sección Femenina ás Asociacións que deron en recoller e recuperar a nosa música tradicional.  Carmiña comezou moi nova en Xacarandaina na Coruña onde formou parte do primeiro grupo de pandeireteiras que organizara Quique Peón.  Contounos como eran as primeiras recollidas que realizaron e das obras que recuperaron como a Xota e a Muiñeira de Boimorto, na propia localidade.  Toda a información tratarémola e incorporarémola ao traballo sobre os Santiaguiños de Boimorto. 

O ANAGRAMA DO CPI ARMANDO COTARELO VALLEDOR

SABÍAS QUE... O anagrama do CPI Armando Cotarelo Valledor é un deseño de Suso de Marcos, que ademais outorga o seu nome á biblioteca do centro. Segundo o propio escultor: "O anagrama é unha simboloxía do Maxisterio. Comeza co principal elemento en torno ó que se  desenvolve a aprendizaxe intelectual como é o libro, o que, con un pouco de abstracción, lembra un pórtico nobre con columnas estriadas, dintel e remate de medio punto, que da entrada á casa do saber. A referencia á arquitectura é tamén facer referencia á xeometría, representada polo transportador de ángulos, que conforma no seu interior un ollo, que debe estar sempre aberto á percepción de tódalas canles de interese informativo, por iso recolle no seu iris un detalle dos medios informáticos, tan en auxe". No ano 1987 créase o Premio de Talla Suso de Marcos e en xuño de 2001 instáuranse no CPI Armando Cotarelo Valledor as Axudas aos Estudos Suso de Marcos, que enxalzan aos alumnos que destacan na  súa traxectoria aca...