Saltar ao contido principal

PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS

 

  QUE É O PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS?

Dentro dos Proxecta + da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ofértase este programa que se coordina co Museo do Pobo Galego - Fundación Antonio Fraguas. 

O programa ten como finalidade a realización dunha pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da contorna próxima dos centros escolares. 

O seu ámbito está vencellado á promoción da cultura, patrimonio cultural e normalización lingüística.

No caso do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto centrámolo na clase de 4º de ESO, tratando de finalizar un proxecto iniciado xa o curso pasado (2023/2024) dentro dun PFPP sobre o DUA cos grupos de 5º e 6º de EP e 1º da ESO. Ás actividades e investigacións sobre a Agrupación Folklórica Santiaguiños de Boimorto realizadas no curso anterior, tentamos pechalas este curso coa revisión e ampliación do atopado até o de agora. 

CENTRO DE INTERESE:

  • Pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da contorna próxima dos centros escolares.
  • Valores culturais
  • Coñecemento do propio
  • salvagarda

PRODUTO FINAL:

  • rede de traballo cooperativa
  • interdisciplinariedade
  • impacto e difusión
  • Transxeneralidade

TÍTULO:

A agrupación de música tradicional Agrupación Folklórica Santiaguiños de Boimorto. Dende 1986 difundindo e salvagardando o patrimonio musical tradicional dende a Comarca de Arzúa”.

INTRODUCIÓN:

O CPI Armando Cotarelo Valledor é un centro de ensino público de Boimorto (A Coruña). Está situado no rural galego e concentra alumnos do propio concello pero tamén da contorna (Vilasantar, Présaras, Sobrado ou Toques.

Na actualidade.

O Concello viuse minguado nas últimas década e na actualidade conta con apenas 2.000 habitantes. Culturalmente poucas son as actividades que poden ter unha continuidade no tempo sendo, moitas delas, eventuais organizadas polo Concello.

Neste senso, a Asociación Folklórica Santiaguiños de Boimorto representa un dos baluartes culturais máis antigos do concello e en plena actividade, ao igual que o Festival da Luz, nacido no ano 2012.

A agrupación de música tradicional Os Santiaguiños leva case 40 anos desenvolvendo unha incisiva e necesaria labor de salvagarda e difusión do patrimonio cultural e musical dende o epicentro desta modesta localidade do interior de Galicia.

Nacida no seo do colexio e configurada por alumnos do mesmo, foi evolucionando e medrando até gozar, hoxe en día, dunha gran estima e fama entre as agrupacións semellantes. Pola súa dirección pasaron importantes mestres e mestras que difundiron un duro traballo de recolección, divulgación e, como non, pedagóxico. Entre estas figuras destacamos a recoñecida Mercedes Peón, sen ir mais lonxe.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

PECHAMOS UN TRABALLO PERO ABRIMOS NOVOS CAMIÑOS

  Finalmente, despois de dous cursos de investigación e de pescudar nas raíces culturais e musicais da nosa contorna, pechamos o traballo que leva por título: BOIMORTO E A ASOCIACIÓN FOLKLÓRICA SANTIAGUIÑOS.  40 anos de música tradicional Moitas grazas a todos os que participáchedes e vos involucráchedes nesta experiencia de achega á tradición. Por suposto, tamén enxalzar á propia Agrupación Folklórica Santiaguiños e a todos aqueles e aquelas que pasáchedes por ela, facendo escola, divulgando a nosa cultura e traballando en prol de manter viva a nosa música. Namentres tanto... seguimos aprendendo e investigando! 

OS HOMIÑOS DE BOIMORTO

Un pouco de historia local... O 20 de agosto de 1936, un mes despois do estalido da Guerra Civil, foron asasinados once veciños de Boimorto,  nove  dos cales eran concelleiros da corporación municipal, son os coñecidos como “os homiños de Boimorto”. Non foron vítimas da guerra, foron  vítimas do odio, n on loitaban no campo de batalla, loitaban por mellorar a vida dos seus veciños, impulsando escolas  públicas ou a asistencia sanitaria. Eran republicanos e, en Boimorto, como en tantos outros lugares, os falanxistas aproveitaron para saldar contas que, ás veces, nada tiñan que ver coa política. Foron levados desde a Gándara a Sobrado, onde permaneceron dous días, e de alí trasladados en camións a Santiago. Cinco foron fusilados no Amenal (O Pino) e enterrados nunha carballeira, e os outros seis apareceron á beira da estrada, na curva dos Batáns, en Ortoño (Ames), onde foron recollidos polos veciños e soterrados nunha fosa común, no adro da igrexa. Os traballos de exhu...

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS COS SANTIAGUIÑOS

Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adicóuselle ás PANDEIRETEIRAS e á POESÍA TRADICIONAL ORAL . Como non podía ser doutro xeito, xa que ademáis 4º da ESO participa no Proxecta+ ANTONIO FRAGUAS , contamos con CARMIÑA BARREIRO e os Santiaguiños que estudan no centro.  Ademáis, un grupo de pandeireteiras de 3º e 4º da ESO, ao igual que a clase completa de 4º da ESO, interpretaron unhas pezas totalmente fantásticas.  CARMIÑA BARREIRO Carmiña é natural de Boimorto e lembra, dende pequena, ser unha namorada do baile moderno con referentes como Fred Astaire ou Ginger Rogers. Comenta que na súa casa xa había tradición musical: a súa nai tocaba a pandeireta e o seu avó era un gran cantareiro. Con 14 anos trasládase á Coruña e incorpórase a unha asociación de baile tradicional, onde entra en contacto con Felicitas Sanleón e Xacarandaina [1] , nun momento no que a agrupación estaba a dinamizar a música e o baile tradicional galegos, e chegando a gañar en varias ocasións o programa de T...