Este traballo que perfila a historia da Agrupación Folklórica Santiaguiños
foi realizado no CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto entre os cursos
académicos 2023/2024 e 2024/2025 polos Departamentos de música e linguas, en
constante colaboración directa coa propia agrupación.
No curso 2023/2024 parte do profesorado do centro imbuíuse na realización
dun Plan de Formación Permanente do Profesorado para formarse en metodoloxías
colaborativas seguindo o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), dando lugar a
un gran traballo de coñecemento e documentación sobre a contorna.
Naquel ano, a actividade foi levada a cabo polo alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º da ESO.
- No caso do grupo de 5º de Primaria, participaron un total de 14 alumnos e alumnas: Gabriel Aguión, Aroa Cainzos, Noa Cainzos, Nicolás Castiñeira, Manuel Fondo, Héctor J. González, Alejandro Montero, Marco Pérez, Nicolás Rico, Laura Rodríguez, Alondra M. Soto, Aldara Taboada, Melody Tovar e Adrián Vázquez.
- Pola súa parte, 6º EP estaba configurado por un total de 16 discentes: Mateo Aguión, Daniel Aguión, Dina Bouzem, Daniel Corbacho, Iker Felpete, Malak Laabed, Andrea Miragaya, Anxo Mosquera, Andrea Nieto, Leo Pedride, Brais Sesar, Xabi Sesar, Lola Varela, Blas Varela, Raúl Veiga e Carmen Vidal.
- En
canto á clase de 1º da ESO, formaban parte dela: Noa Blanco, Abderazak Bouzem,
Omar Corral, Andrés García, Iker Lago, Nicolás López, Daniel López, Carlos A.
Perozo, Kalen Petronila, Nicolás Quintela, Carla Rodríguez, Lorena Ronco, Uxía
Santos, J. Daniel Sosa, María Souto, Miguel Vázquez, Uxía Vázquez, Martín
Vázquez e Óscar D. Zavala.
O profesorado implicado naquel Plan de Formación Permanente foi o que segue
por orde alfabética: Tania Busto, Beatriz Cancela, Ana González, Belén López, Eva
Loureiro, Martiño Placer, Lucía Rúa, Cintia Vázquez e Rosario Vilariño.
Froito deste traballo realizouse unha exposición cos materiais elaborados e tamén unha foliada de fin de curso en xuño de 2024:
O traballo sobre a Agrupación Folklórica Santiaguiños de Boimorto tivo continuidade o curso seguinte (2024/2025) pero nesta ocasión inmerso no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, dos Proxecta+ da Xunta de Galicia. O alumnado que afrontou esta tarefa foi o de 4º de ESO, conformado por: Noela Aguión, Sergio Bello, Ariana González, Dayeli Hernández, Heba Laabed, Rocío López, Iria Martínez, Sergio Mellid, Aldara Mosquera, Iria Roade, Noa Roade, Celtia Varela, Daniel Vázquez e Elisa Vázquez.
Grazas a este proxecto teceuse unha rede de colaboracións e interaccións interxeneracionais que axudaron a coñecer máis de fondo o contexto cultural, social e histórico do concello de Boimorto.

Comentarios
Publicar un comentario