Saltar ao contido principal

MERCEDES PEÓN: Mestra dos Santiaguiños

 MERCEDES PEÓN MOSTEIRO

Web: https://www.mercedespeon.gal/

Nace en Oza (A Coruña) en 1967, aínda que sempre estivo en contacto con Oza dos Ríos, onde reside na actualidade. 

Entrou en contacto coa música tradicional galega dende moi nova e aos 17 anos comezou o seu periplo por moitos pobos galegos como recolectora da tradición oral. 

Compaxinou esta labor coa participación en importantes festivais e concursos nacionais e internacionais que a levaron a percorrer moitos países e recibir destacados recoñecementos:  

  • 1990. Premio Especial do Xurado, Festival Cidade Vella de Santiago Compostela.  
  • 1990. Premio á Autenticidade, Festival Cidade Vella de Santiago Compostela. 
  • 1991. Premio MacAllan de gaita festival de Lorient.  
  • 2000. Premio Artista do Ano, concedido pola revista Folkworld. 2000. Finalista do Premio Mellor Artista do Ano, BBC Radio 3. "Songlines top of the world”.  
  • 2005. Premio Galega do Ano e o Premio do xornal La Opinión, mellor disco do ano.  
  • 2008. Premio Nacional de Música.  
  • 2010. Premio mellor disco do ano do xornal La Opinión.  
  • 2011. Mellor disco editado durante dous meses por Word chart music Europe.
  • 2018. Premio mellor disco do xornal La Opinión. Mención, catro mellores discos editados (Songlines). Premio da crítica galega no campo da música. Mellor disco do ano por Cultura Diversa ( México).  
  • 2020. Premio Rebulir do FIR no apartado de música. Mención na acta no festival de Sevilla ao tratamento sonoro da película Nación como recoñecemento á súa achega para o premio á mellor dirección nacional.  
  • 2023. Selección nos GOYA á mellor música orixinal polo filme “O corpo aberto” de Angeles Huerta. Premio Alfredo Iglesias pola traxectoria e contribución á cultura galega. Premio Mestre Mateo á mellor música orixinal polo filme “O corpo aberto”.
Foi docente en diversas agrupacións de música tradicional, entre elas os Santiaguiños de Boimorto, e en distintas universidades; e divulgadora no programa Luar da TVG. 

Acubilla no seu haber cinco discos: Isué (2000), Ajrú (2003), Sihá (2007), Sós (2008) e Déixaas (2018).




Fontes consultadas:  Música Pro Art. Artist Events Entertainment Agency [https://www.musicaproart.com/es/artistas/mercedes-peon].  Wikipedia: Mercedes Peón [https://gl.wikipedia.org/wiki/Mercedes_Pe%C3%B3n].  Mercedes Peón: [www.mercedespeon.gal/biografia].  La Fonoteca. Mercedes Peón [https://lafonoteca.net/grupo/mercedes-peon/].  El Salto, 8/6/2018. Entrevista de César Luquero: "Mercedes Peón: Sin tensión no hay transversalidad sino una pirámide" [https://www.elsaltodiario.com/musica/entrevistamercedes-peon-nuevo-disco-deixaas]. 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

PECHAMOS UN TRABALLO PERO ABRIMOS NOVOS CAMIÑOS

  Finalmente, despois de dous cursos de investigación e de pescudar nas raíces culturais e musicais da nosa contorna, pechamos o traballo que leva por título: BOIMORTO E A ASOCIACIÓN FOLKLÓRICA SANTIAGUIÑOS.  40 anos de música tradicional Moitas grazas a todos os que participáchedes e vos involucráchedes nesta experiencia de achega á tradición. Por suposto, tamén enxalzar á propia Agrupación Folklórica Santiaguiños e a todos aqueles e aquelas que pasáchedes por ela, facendo escola, divulgando a nosa cultura e traballando en prol de manter viva a nosa música. Namentres tanto... seguimos aprendendo e investigando! 

OS HOMIÑOS DE BOIMORTO

Un pouco de historia local... O 20 de agosto de 1936, un mes despois do estalido da Guerra Civil, foron asasinados once veciños de Boimorto,  nove  dos cales eran concelleiros da corporación municipal, son os coñecidos como “os homiños de Boimorto”. Non foron vítimas da guerra, foron  vítimas do odio, n on loitaban no campo de batalla, loitaban por mellorar a vida dos seus veciños, impulsando escolas  públicas ou a asistencia sanitaria. Eran republicanos e, en Boimorto, como en tantos outros lugares, os falanxistas aproveitaron para saldar contas que, ás veces, nada tiñan que ver coa política. Foron levados desde a Gándara a Sobrado, onde permaneceron dous días, e de alí trasladados en camións a Santiago. Cinco foron fusilados no Amenal (O Pino) e enterrados nunha carballeira, e os outros seis apareceron á beira da estrada, na curva dos Batáns, en Ortoño (Ames), onde foron recollidos polos veciños e soterrados nunha fosa común, no adro da igrexa. Os traballos de exhu...

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS COS SANTIAGUIÑOS

Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adicóuselle ás PANDEIRETEIRAS e á POESÍA TRADICIONAL ORAL . Como non podía ser doutro xeito, xa que ademáis 4º da ESO participa no Proxecta+ ANTONIO FRAGUAS , contamos con CARMIÑA BARREIRO e os Santiaguiños que estudan no centro.  Ademáis, un grupo de pandeireteiras de 3º e 4º da ESO, ao igual que a clase completa de 4º da ESO, interpretaron unhas pezas totalmente fantásticas.  CARMIÑA BARREIRO Carmiña é natural de Boimorto e lembra, dende pequena, ser unha namorada do baile moderno con referentes como Fred Astaire ou Ginger Rogers. Comenta que na súa casa xa había tradición musical: a súa nai tocaba a pandeireta e o seu avó era un gran cantareiro. Con 14 anos trasládase á Coruña e incorpórase a unha asociación de baile tradicional, onde entra en contacto con Felicitas Sanleón e Xacarandaina [1] , nun momento no que a agrupación estaba a dinamizar a música e o baile tradicional galegos, e chegando a gañar en varias ocasións o programa de T...