Finalmente, despois de dous cursos de investigación e de pescudar nas raíces culturais e musicais da nosa contorna, pechamos o traballo que leva por título: BOIMORTO E A ASOCIACIÓN FOLKLÓRICA SANTIAGUIÑOS. 40 anos de música tradicional Moitas grazas a todos os que participáchedes e vos involucráchedes nesta experiencia de achega á tradición. Por suposto, tamén enxalzar á propia Agrupación Folklórica Santiaguiños e a todos aqueles e aquelas que pasáchedes por ela, facendo escola, divulgando a nosa cultura e traballando en prol de manter viva a nosa música. Namentres tanto... seguimos aprendendo e investigando!
No curso académico 2024/2025 a clase de 4º da ESO participa no Proxecta+ Proxecto Didáctico Antonio Fraguas cun traballo de recuperación histórica sobre a Agrupación Folklórica Santiaguiños de Boimorto que deu comezo xa o curso pasado dentro dun PFPP. Neste blog plasmaremos os nosos avances e achados. Seguídenos!