Grazas a este traballo puidemos preguntar e atopar información sobre o mural feito polo escultor e artista Suso de Marcos, orixinario de Boimorto. 1. QUEN É SUSO DE MARCOS? Jesús López García (Suso de Marcos) [1] é un escultor nacido en 1950 en Boimorto. Xa dende pequeno chama a súa atención a talla, xa que o seu pai realizaba apeiros con madeira. Trasládase posteriormente á Coruña onde compaxina o seu traballo en talleres de artesanía coa formación na Escola de Artes e Oficios. Completa a súa formación na Escola central de Madrid, onde se traslada no ano 1973, traballando con destacados escultores e coñecendo novidosas tendencias vangardistas. No ano 1975 realiza a súa primeira exposición e ao ano seguinte recibe a terceira medalla en escultura do Certame Nacional de Belas Artes. En 1979 trasládase a Málaga para ocupar a praza de Axudante de Talla na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos, e en 1992 acada a praza de profesor numerario da materia de Talla...
No curso académico 2024/2025 a clase de 4º da ESO participa no Proxecta+ Proxecto Didáctico Antonio Fraguas cun traballo de recuperación histórica sobre a Agrupación Folklórica Santiaguiños de Boimorto que deu comezo xa o curso pasado dentro dun PFPP. Neste blog plasmaremos os nosos avances e achados. Seguídenos!